Con motivo do Día Mundial do Doante de Sangue que se celebra este domingo, ven de reubicarse unha placa de homenaxe aos doadores no Punto de Doazón de ADOS, no Hospital Nicolás Peña. A Placa, entregada en 1997 pola Irmandade de Doadores de Sangue de de Vigo e que estaba emprazada no antigo Hospital Xeral, reza: «Non existe maior mostra de xenerosidade que dar a propia sangue sen saber para quén». Na foto, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña xunto a Manuel Fonseca, presidente da Federación Galega de Doantes de Sangue; e o presidente de Adrovi, Celso García, xunto a dúas profesionais santiagueras.