A remodelación incluirá unha nova instalación de xogos, novos sistemas de ancoraxe, o acondicionamento do pavimento de caucho actual, un novo tratamento dos adoquíns nunha parte da praza.
O rexedor deu conta tamén da modificación do contrato do servizo de conservación e reposición de zonas verdes co fin de incorporar as novas zonas humanizadas, xardineiras, rotondas e algunhas novas superficies que supoñen que haxa «máis espazo cidadán do que tiñamos ata agora». O incremento das zonas supón un suba do prezo inicial do contrato dun 6,05% aínda que soamente se aboará o 1,05% xa que os pregos recollen que o primeiro 5% de superficie ampliada non pode ser repercutida ao Concello.
Segundo sinalou Caballero o custo total da ampliación é de 189.000 euros que se reparten en catro anos, cunha media anual de 72.000 euros.
Enlaza Vigo
A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización para organizar o ENLAZA VIGO 2017, entre o 15 e o 27 de novembro, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero o día 25, que inclúe actividades mobilización e concienciación. Así, o rexedor explicou que o venres 24 se creará un tapiz humano reivindicativo na rúa Colón e Urzáiz con toda a cidadanía e os centros de secundaria vigueses. Amais haberá dinamización de actividades na rúa entre as 10 e as 13 horas e entre o 15 e o 27 de novembro estará aberta unha exposición colectiva de obras realizadas por centros de ensinanza e colectivos vigueses nas escaleiras do MARCO.