Luis López foi proclamado esta mañá presidente do Partido Popular de Pontevedra, tras recibir o apoio do 97,30% dos compromisarios que participaron no 19 Congreso provincial. Durante a súa intervención, López dixo que “imos reimpulsar unha provincia que queremos que sexa para todos, que queremos que conte con todos e que aspiramos a que sexa con todos”.
O congreso, que contou coa asistencia do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrouse no auditorio Mar de Vigo e reuniu a preto de 1.000 persoas, entre compromisarios de toda a provincia e convidados que chegaron de toda Galicia, entre os que se atopaban a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia.
Lugués subliñou que esta nova etapa vai dar continuidade ao proxecto anterior, “un gran proxecto” liderado por Alfonso Rueda. “Somos un proxecto político que defende á xente por riba de calquera cousa, e temos que ofrecerlle o mellor de nós. Están soprando ventos de cambio e imos afrontar as municipais cos mellores proxectos, os mellores equipos e cun traballo incansable nos próximos meses. Afrontamos unha fase decisiva e imos a saír a gañar en todos e cada un dos concellos da provincia. Todos xuntos temos unha fortaleza imparable que vai tinguir de azul a provincia o ano próximo”.
Ademais de mellorar resultados nas municipais de 2023, “e con máis alcaldías e con mellores resultados tamén seremos capaces de recuperar a Deputación de Pontevedra”, o novo presidente provincial marcou outros dous obxectivos: “traballar desde a provincia para contribuír a que Alberto Núñez Feijóo sexa o próximo presidente do Goberno de España e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda”.
Durante a súa intervención, Lugués recordou que a súa vida comezou hai preto de 20 anos “por convencemento”, e en todo este tempo “o noso partido nunca perdeu nin a seriedade, nin o rigor nin a boa xente. E isto é dun valor incalculable. Sempre estamos no mesmo sitio, defendendo os mesmos principios e evolucionado ao tempo dos veciños”. Dixo que “o noso proxecto está próximo ás persoas, preocúpase pola xente. É un proxecto de rúa, alonxado do proxecto de sectarismo, insultos e confrontamentos que outros queren impoñer”. Contra este modelo, indicou, “os veciños queren solucións e queren as solucións que lle ofrecemos desde o Partido Popular”.
Con respecto ao novo comité executivo do PP provincial, Lugués presentou unha candidatura de mulleres e homes “que xa tiñan responsabilidades no anterior equipo, un equipo magnífico e ao que quería darlle continuidade”, pero tamén inclúe novas incorporacións. Dixo que ten a sorte de contar no partido con xente moi preparada e moi entregada. “Estou convencido de que nos van levar polo mellor camiño”.
Presentou o seu equipo con “catro principios irrenunciables: traballo, aposta decidida pola unidade, dispoñibilidade e apoio constante aos proxectos das xuntas locais”. Ademais, dixo sentirse moi ilusionado para asumir esta responsabilidade. “Estou seguro de que esta singradura vai ir ben. E estou seguro, porque confío en cada un de vós e das xuntas locais, porque sodes o corazón deste partido”.
CANDIDATURA
Presidente: Luis López Diéguez
Vicepresidenta: Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos
Vicepresidenta: Marta Fernández-Tapias, presidenta do PP de Vigo
Vicepresidente: Rafa Domínguez, presidente do PP de Pontevedra
Secretaria Xeral: Luisa Piñeiro
Vicesecretaria de Organización: Pepa Pardo, concelleira de Pontevedra e vicevoceira na Deputación
Vicesecretario de Acción Electoral: Javier Tourís, tenente de alcalde do Concello de Vilanova de Arousa e deputado provincial
Vicesecretarios executivos:
• María Ramallo, alcaldesa de Marín
• Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade e voceiro na Deputación
• José López, alcalde da Estrada
• Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo
• José Crespo, alcalde de Lalín
• Julio García-Luengo, alcalde de Crecente
• Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño
Voceiro: Alberto Pazos, deputado autonómico
Coordinadores Comarcais
• Roberto Carrero, da Guarda, para o Baixo Miño
• Fernando Pérez, deputado, para Caldas
• Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra, para O Condado
• Román Rodríguez, conselleiro de Educación, para o Deza
• Elena Estévez, de Bueu, para O Morrazo
• Miguel Domínguez, deputado provincial, da Cañiza, para A Paradanta
• Alberto Acuña, de Vilaboa, para Terras de Pontevedra
• Paz Lago, deputada provincial, de Sanxenxo, para O Salnés
• Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, da Estrada, para Tabeirós-Montes
• Ana Simóns, de Baiona, para Val Miñor
• Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, para Vigo
Vogais:
• Silvestre José Balseiros Guinarte
• Lourdes Baños Losada
• Javier Bas Corugeira
• Begoña Blanco Blanco
• Belén Cachafeiro Anta
• Adolfo Campos Vázquez
• David Carrera Cal
• Pablo Castillo Amigo
• José Cela Camiño
• Cristina Correa Pombal
• Carlos Costas Domínguez
• María Isabel Couselo Torres
• Pilar Fernández-Cid Ramos
• Sabela Fole Trigo
• Alberto Fuentes Losada
• Diego Gago Bugarín
• Horacio Gil Expósito
• Juan José González Vázquez
• Guillermo Juncal Peñas
• Ignacio Maril Pardo
• Ricardo Martínez Chantada
• Antonio Martiño Gómez
• Pío Millán Blanco
• Ángel Moldes Martínez
• Eloísa Nogueira Garrido
• Ana Ortiz Álvarez
• Ana Cristina Pérez Cabaleiro
• Rubén Quintá Quintá
• Agustín Reguera Ocampo
• Santiago Rodríguez Davila
• Moisés Rodríguez Pérez
• Carlos Rodríguez Vicente
• Raúl Santamaría González
• María Carmen Seijas López
• Elena Suárez Sarmiento
• Laura Villar Matos
• Marían Sanmartín García
Vogais natos
• Iago Acuña Viéites
• Juan Andrés Bayón Rolo
• Daniel Benavides Alfonso
• Daniel Durán Chapela
• Alberto Escobar Rivas
• Pablo Fernández López
• Miguel Fidalgo Iglesias
• Eduardo Galván Rodríguez
• Fernando González Abeijón
• José Alfonso Marnotes González
• Lara Meneses Álvarez
• Lupe Murillo Solís
• Ana Pastor Julián
• Natalia Prieto Viso
• Avelino Souto Rozados
• Raquel Touriño Casal