A instalación dedicada á cultura urbana finalizará a urbanización do actual parque, no cruce das rúas Pedra Seixa e Limpiño. A nova pista dará cabida á práctica de diferentes actividades deportivas e terá aproximadamente 2.000 metros cadrados de extensión. Ademais, estará dividida en dous sectores diferenciados, unha zona de ‘bowl’ e outra de ‘street’.
«Vai a ser un Marisquiño estable en Navia e súmase ao parque que fixemos en Barreiro por importe de 44.000 euros e á remodelación da pista de O Castro, que está pendente do informe de Patrimonio da Xunta», indicou este xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
María Berdiales
O alcalde tamén deu conta da clasificación de ofertas para a humanización de María Berdiales, cun importe próximo aos 200.000 euros e catro meses de prazo estimado de obras.
Como vén sendo habitual nas humanizacións, o Concello renovará os pavimentos, as redes de abastecemento, saneamento e o sistema de alumeado. Tamén se incorporará unha nova rede de rego, nova sinalización e mobiliario urbano, xardineiras e arborado.