Máis de 14.200 vigueses e viguesas dispoñen xa do seu kit de reciclaxe para o traslado dos residuos orgánicos dende os seu fogares ata os contedores marróns.
Grazas á campaña informativa activada o pasado mes de agosto polo Concello de Vigo e FCC para dar a coñecer o funcionamento e beneficios do uso do contedor marrón, os cidadáns poden conseguir estes kits de reciclaxe de residuos orgánicos, compostos por un caldeiro e bolsas biodegradables nos puntos itinerantes que percorren diferentes zonas da cidade.
Atendidos por técnicos de información e divulgación medioambiental, levaranse a cabo un total de 300 accións a pé de rúa ata a finalización da campaña no mes de decembro, das que se levan realizado 120.
Os cidadáns poden consultar a programación e ubicación das distintas accións de rúa que se van desenvolvendo na web e achegarse así ao lugar no horario indicado para poder facerse voluntarios, recibir a información necesaria e o kit correspondente para comezar a reciclar os residuos orgánicos xerados nas súas vivendas. Lembramos que, para poder abrir o contedor marrón, hai que empregar a Tarxeta PassVigo.
Con esta iniciativa, o Concello de Vigo reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e a creación de espazos escolares máis sostibles e respectuosos co medio ambiente.
Campaña escolar de promoción da economía circular
Máis de 2.500 escolares de 29 colexios de Vigo participaron xa na campaña escolar sobre promoción da economía circular impulsada polo Concello de Vigo e FCC. Esta iniciativa, que está dirixida principalmente aos alumnos e alumnas de Educación Primaria, ten por obxectivo concienciar sobre a importancia da reciclaxe e promover prácticas máis sostibles no día a día escolar.
Coma parte da campaña, lévanse impartidos máis de 59 obradoiros centrados en sensibilizar aos máis pequenos sobre a xestión adecuada dos residuos e a reutilización de materiais.
FCC Vigo
FCC é a empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo desde 1989. A empresa conta, en Vigo, cunha flota de 159 vehículos e un equipo humano formado por 637 traballadores. Nos últimos anos, Vigo converteuse na cidade de España con máis galardóns pola limpeza das súas rúas (9 Vasoiras de Platino consecutivas) e aparece en todos os ránkings das cidades máis limpas de España.