O dispositivo mobilizado de cara a un dos actos máis multitudinarios do verán olívico estará formado por 56 axentes da Policía Local e 16 membros de Protección Civil, ademais dos servizos especiais preparados para velar polo desenvolvemento do acto.
As celebracións comezan este sábado coa lectura do pregón do Cristo, a cargo de Eugenio González de Haz, que terá lugar o sábado ás 13:00 horas no Pazo de Castrelos.
Pola súa banda, a procesión parte o domingo ás 19:30 horas desde a Concatedral de Vigo e como cada ano congregará a miles de fieis para percorrer as rúas da cidade.