Marea de Vigo denunciou este luns da privatizaicón da xestión de quince instalacións deportivas municipais. «É absolutamente impresentable, dende o punto de vista de defensa dos servizos públicos, argumentar que o aumento do número de instalacións deportivas nos útlimos 15 anos (complexo deportivo da ETEA, complexo deportivo de Navia, pavillón de Candeán, pavillón de Sárdoma, CF. Carballal, pavillón de Quirox, pavillón de Romil), obrigue a privatizar a xestión de instalacions», asegura a Marea nun comunicado.
Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, afirma que «a devandita privatización afectaría a procesos da operariva diaria como a apertura, control, manexo de equipos e peche das instalacións deportivas municipais ademais da xestión do Estadio de Atletismo, o pavillón de Carballal, e o pavillón de Valadares. «O goberno local emprega o mesmo argumento privatizador do Partido Popular na sanidade pública», engade o voceiro.
A Marea de Vigo asegura que quedan anualmente máis de 5 millóns de euros sen executar no capítulo 1 dos orzamentos, capítulo que permite contratar públicamente mediante bolsas para casos de falla de persoal. «É unha evidencia de que este Goberno local aposta decididamente pola xestión privada das instalacións e servizos públicos», apuntou Pérez. «Estamos a falar de 15 instalacións deportivas que sempre estiveron atendidas por pesonal do Instituto Municipal de Deportes (IMD)», engade.
«Esta evidencia –explica Rubén Pérez– xa quedou patente na creación dos espazos deportivos municipais de Quirós e Romil. Cando foron proxectados polo Goberno local, este xa tiña que ter resolto previamente a falla de recursos públicos para a xestión e no seu lugar, naceron xa privatizados».