“A cidade de Vigo débelle a Diego de Giráldez todo o recoñecemento, por colocar a nosa cidade no mundo a nivel artístico. Diego é unha das figuras máis brillantes que saíron da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), na que, hai cincuenta anos (no pasado mes de decembro), realizou a súa primeira exposición colectiva” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.
Marea de Vigo considera que a persoa de Diego de Giráldez é un exemplo obvio do significado que deben ter estes premios, nos que a cidade recoñece o traballo de persoas que, ben pola súa traxectoria, compromiso, ou proxección, aportan valor a nosa cidade.
Por outra banda, Marea de Vigo insiste en que “é momento de volver a pensar o sistema de denominación de propostas dos premios, para evitar que se converta no escenario de confrontación política que resultou ser nos pasados anos, sendo fundamental poñer mecanismos para que esta escolla non sexa feita unicamente polos grupos municipais da Corporación, tal e como se fai na actualidade, senón contando coa participación da veciñanza” conclúe Rubén Pérez.