Nesta nova edición da campaña de prevención e axuda aos usuarios, que se desenvolve en colaboración coa correduría de seguros Willis, farase especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano se centrarán nas praias (3, 15, 4 e 11), no centro (Circular Centro,coincidindo coas rebaixas) e nas do novo hospital e aeroporto (H, 5 e 9).
En palabras de Juan Carlos Villarino, Director Xeral de Vitrasa, “é primordial concienciar e sensibilizar á poboación en xeral, da necesidade de viaxar en autobús dun xeito responsable para evitar calquera tipo de lesión ou incidencia. O obxectivo é minimizar, na medida do posible, os riscos á bordo do autobús. Consideramos que campañas como estas favorecen que as viaxes realizadas polos cidadáns sexan o máis cómodas posible”.
Para acadar este obxectivo, os monitores facilitan á información en horario de mañá e tarde. Os principais temas nos que insisten son: facilitar os asentos reservados para persoas maiores e embarazadas, facer recomendacións ás persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas no seu enganche cos cintos de seguridade habilitados ao efecto ao igual que os carros de bebés. Informar do agarre dos asideiros dispostos para unha mellor suxeción durante o traxecto e da disposición da pasaxe ao fondo do autobús para mellorar a deambulación e seguridade polo mesmo. Ademais, advertirán da colocación de mochilas ou obxectos que puidesen entorpecer ou molestar dentro do autobús.
Repartiranse máis de 3.000 folletos que recollen as principais recomendacións de seguridade baixo o nome “Como utilizar o autobús” que serán entregados polos monitores aos usuarios a pé de autobús.
Principais incidencias
Unha das incidencias máis frecuentes é que os usuarios non se agarran ao acceder ao autobús nin ao dirixirse aos asentos. Outros aspectos mellorables están relacionados coa correcta colocación das cadeiras de bebés para evitar que se caian, así como a ubicación de obxectos e mochilas que puidesen atoparse no medio do pasillo obstaculizando o paso de viaxeiros.
Unha das recomendacións máis apuntadas aos usuarios durante a campaña será a de ter preparada a Tarxeta Verde ou o diñeiro en efectivo para realizar o pago da viaxe para que o tránsito sexa máis áxil e non entorpeza o paso de usuarios que si o teñen preparado. Tamén se insistirá na necesidade de ceder o asento as persoas maiores con mobilidade reducida ou mulleres embarazadas.
Outro dos puntos no que os monitores insistirán é na disposición dos pasaxeiros ao fondo do bus para que deambulen mellor polo mesmo.
Desenvolvemento da campaña
Os monitores, debidamente formados, irán identificadas con chalecos reflectantes que fan alusión á campaña e terán acceso a toda a flota de vehículos.
O asesoramento centrarase en catro puntos fundamentais: como comportarse antes de subir ao bus, cal é a mellor maneira para acceder ao bus, como estar dentro do vehículo e como descender.