«É unha festa que ten un carácter fundamental na cidade, é unha romaría urbana na que todos nos congregamos para pasear, escoitar música, vernos e sentirnos xuntos, e recordar a Reconquista», destacou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios.
Durante todo o fin de semana estará aberto o Mercado e haberá máis de 30 actuacións de grupos de música tradicional por todas as rúas e prazas do Casco Vello, ademais de obradoiros, demostracións, concertos, charlas, contacontos e exposicións. Na organización participarán 90 persoas, pero ao longo do fin de semana haberá máis colaboradores.
A iniciativa Barrio Actuacións concentrará as actividades en cinco zonas: Torreiro do Casco Vello, Torreiro do Berbés, Torreiro Novo, Torreiro Infantil e Torreiro Mahou. Outra das novidades desta edición será a celebración dun Campionato Internacional de Rugby Veterano e un Campionato Internacional de Fútbol Gaélico, as dous a celebrar o sábado 7 de abril. O fútbol gaélico será no Campo da Mina (Pereiró), mentres que o rugby estase a espera de disponibilidade de ubicacións.
Ademais, desde o 22 de marzo hasta o 15 de abril está aberta na Casa Galega da Cultura a exposición «Tecendo a nosa Historia», na que se mostra a elaboración de tecidos tradicionais, a través dos utensilios que se usaban para facer o lino.
Festa de Interese Turístico Nacional
Tanto Abel Caballero como Fiz Axeitos destacaron que a solicitude de Interese Turístico Nacional segue o seu curso e nesta edición cumprirán coas impresións en prensa nacional e internacional necesarias.
PROGRAMACIÓN
2 de abril: ensayo en Porta do Sol
4 de abril: ensayo general
6 de abril: charlas de seguridad e inicio del montaje del mercado
Sábado 7 de abril:
10:00: Apertura Mercado
11:00: Serán Infantil na Pedra
11:30: Demostración Esgrima Berbés
12:00: Bailadoriñ@s
12:15: Charla “Traxe popular galego”
17:00: Contacontos no Berbés
18:00: Actuación Regueifeiros
18:15: Inauguración da Festa
19:00: Maxia
23:00: Peche do Mercado
Domingo 8 de abril:
10:00: Apertura Mercado
10:30: Demostración de más de 20 oficios artesanales en el Berbés
11:00 Obradoiro creación Brinquedos
11:30 Peixeiras y Verduleras por el barrio
12:00: Control do Mercado por parte do Exército Francés
12:30: Orquesta Pantasma no Berbés
17:00: Orfeón Mariñeiro Porta do Sol
18:00: Representación de la Reconquista de Vigo
20:00: Foliada de despedida no Torreiro do Casco Vello
20:30: Viqueiras
22:00: Peche do Mercado. Fin de Festa