Na súa intervención, Abel Caballero valorou que a Área Metropolitana é «un gran logro, unha gran acción», unha «patria común de sentimentos compartidos» que se impuxo «pola súa propia dinámica». O alcalde vigués confiou en que os case medio millón de habitantes representados agora nos catorce concellos sexan pronto preto de 600.000, coa incorporación dos concellos do entorno que o teñen solicitado.
Pola súa banda, o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou na sinatura da lei que esta nace como “un proxecto de todos” e apelou á implicación de todos para que sexa útil aos case 500.000 galegos da área.
Tamén falaron ante os presentes os rexedores de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e de Mos, Nidia Arévalo. Entre os asistentes, autoridades civís e representantes da sociedade da comarca, ademáis dos exalcaldes de Vigo Carlos González Príncipe, Manuel Pérez, Corina Porro e Manuel Soto.