O alcalde explicou que o goberno local está a realizar actualmente o acondicionamento do local para que poida estar operativo «a finais de marzo ou principios de abril». Segundo indicou, esta oficina descentralizada do Concello permitirá facer trámites municipais aos veciños e incluirá un ámbito cultural, cunha sala de lectura-biblioteca.