O Bloque Nacionalista Galego pediu este venres que Abel Caballero aclare quen paga as facturas das súas xiras polas televisións. Así o reclamou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de que o alcalde decidise ocupar toda a súa axenda deste venres a participar novamente como tertuliano nos programas de Jaime Cantizano e Risto Mejide.
Igrexas demandou nese sentido que o goberno municipal informe de se nestes desprazamentos e estancias do rexedor se están a empregar, directa ou indirectamente, recursos e medios do Concello de Vigo. “Sería eticamente indecente que neste tipo de actividade, que nada ten a ver co desempeño institucional das funcións dun alcalde, se utilice nin un só céntimo de euro de todas as viguesas e vigueses”, advertiu.
O portavoz nacionalista considerou “frívolo e irresponsábel” que Caballero decida exercer como “tertuliano en lugar de alcalde” nun contexto onde a cidade está “colapsada” a causa da folga indefinida no bus urbano, que cumpre xa unha semana. “As viguesas e vigueses non merecen un alcalde a tempo parcial; que se deixe de platós e xestione e goberne”, esixiu.
Sen apenas roldas de prensa desde xullo
Ademais, afeou esta sobreexposición mediática do rexedor “para maior gloria do seu ego persoal”, cando leva desde xullo sen apenas comparecer en rolda de prensa diante dos e das xornalistas da cidade por “covardía e para non someterse ás súas preguntas e repreguntas”.
La carrera por la mejor Navidad
¿Badalona reta a Vigo con el árbol más alto de España? 🎄@abelcaballero y @Albiol_XG ¡Los dos alcaldes en directo!
#Mañaneros1Dhttps://t.co/CfpoB4nErB pic.twitter.com/Gg0QEJBbaZ— Mañaneros (@MananerosTVE) December 1, 2023