O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinará o próximo mércores no Concello o convenio de entrada da cidade no transporte metropolitano, acto que contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao que o goberno vigués está a invitar aos máximos responsables dos municipios incluidos no plan. Caballero manifestou estar «encantado» do interese amosado polo presidente autonómico de estar presente na sinatura do acordo.
O alcalde explicou que as estimacións apuntan a ter 2,5 millóns de viaxes máis no bus urbano tras a sinatura do acordo, co que o total anual podería acadar os 24 millóns de viaxes anuais. O rexedor vigués recordou que o Concello pagará 46 céntimos por cada viaxe no bus urbano de usuarios do transporte metropolitano, que contarán ademais con 45 minutos para realizar transbordos de balde noutras liñas do Vitrasa.
«Agora é Vigo quen lidera a Área Metropolitana e o transporte metropolitano», apuntou, de case medio millón de persoas, «é unha boa conxunción», concluíu Caballero.