A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou este domingo de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 207, deles 30 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 199 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.070 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 233.015.
Co último balance de casos en Galicia, a área sanitaria de Ferrol convértese na primeira da comunidade en estar libre de Covid-19. Ademais, en Vigo o único paciente que estaba ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), o home que chegou en bus á cidade hai dez días, mellorou e pasou a planta. Tamén hai un novo caso, polo que son cinco os acumulados en toda a semana.
As principais estadísticas da área sanitaria de Vigo a 19 de xullo son:
Pacientes activos: 17 (sen cambios en 24 horas).
Pacientes en aislamento domiciliario: 16 (sen cambios en 24 horas).
Pacientes en hospitais: 1 (sen cambios en 24 horas).
Pacientes en UCI: 0 (-1 en 24 horas).
Falecidos: 134 (sen cambios desde o 10 de xuño).
Curados: 2.184 (+1 en 24 horas).
Acumulado de casos: 2.335 (+1 en 24 horas).
Brote na Mariña
Ademais, nas últimas horas reduciuse noutros 7 o número de casos activos relacionados co brote de covid-19 que afecta ao distrito sanitario da Mariña. Con estas 7 altas nas últimas horas, o número de casos activos é de 112, ao non terse rexistrado ningún novo caso.
Das 63 PCR realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, ningunha arroxou resultado positivo. No momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña, aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas.