Caballero tomou parte da celebración e recibiu unha insignia conmemorativa por parte do colexio. Na súa intervención, destacou a relevancia da educación pública, a calidade do nomeado colexio e a necesidade dun novo transporte escolar, apoiando así a reivindicación da ANPA e da dirección.
O rexedor vigués foi o encargado de descubrir un cartel polos 50 anos do colexio, emprazado na súa propia fachada, e visitou unha pequena exposición instalada no edificio.