Portavoces desta plataforma, representando ás asociacións viguesas de Príncipe, O Calvario (Aceca) e Travesas (Aetravi), e polos concellos veciños a Asociación de Empresas de Rendondela (AER), mantiveron esta semana unha ronda de reunións no Parlamento de Galicia. Primeiro cos responsables de En Marea, co seu portavoz Luis Villares ao frente; tamén có BNG e a súa voceira, Ana Pontón; con membros do grupo parlamentaio do PP (a viguesa Teresa Egerique e o diputado redondelán José Alberto Pazos); e por último có vigués Abel Losada, representando o PSdG-PSOE.
«A todos se lles informou do que a implantación deste macrocentro suporía para o sector, a destrucción de miles de empregos, un paso atrás no desenrrolo sustentable de Vigo, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos», afirma o colectivo nun comunciado de prensa remitido este sábado.
«Por iso se lles pediu aos grupos parlamentarios galegos que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto. PP, BNG e En Marea comunicaron que están nesa liña, mentras que o socialista Abel Losada, que falou a nivel persoal, dixo que apoia aos comerciantes pero que será o partido quen decida qué facer neste tema, algo que non teñen aínda decidido», engaden.
Segundo afirman, tamén explicaron aos membros da plataforma que a presentación de 70.000 firmas a favor de Porto Cabral non ten, a nivel parlamentario, ningún tipo de validez. O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.