Para iso, o resultado debe ser compatible coa arquitectura de Mayne para a estación do AVE de Urzaiz -xa en obras- e cumprir coa legalidade urbanística e cos prazos comprometidos para a apertura do complexo.
Abel Caballero insistiu na «cooperación» do Concello de Vigo coa Xunta de Galicia para levar adiante este proxecto e melloralo. Sostivo que o deseño presentado en Vigo hai un mes -eloxiado polo propio rexedor- foi modificado en reunións técnicas posteriores, unha vez Concello e ADIF advertiron á Xunta de que «o acceso peonil non existía», que «non está previsto como se accede á venda de billetes».
Ante isto, a Xunta presentou no comité técnico de coordinación -conformado polos gobernos vigués e autonómico, ADIF e a empresa concesionaria- un cambio «radical» da terminal de autobuses, incluíndo unha prolongación das dársenas que interfería co proxecto de Mayne.
«Entendo que a Xunta volve ao proxecto inicial», afirmou o rexedor este venres, quen engadiu que o Concello ofrece «toda a cooperación para resolver todo o que sexa preciso, e se hai que poñer máis diñeiro, se pon«, incluso asumindo un orzamento maior, sempre que o deseño sexa compatible coa arquitectura da estación do AVE e o centro comercial Vialia, e garanta o cumprimento dos prazos de apertura e da lei urbanística.