Tras ese encontro, o consistorio vigués emitiu un comunicado no que quixo “sinalar que coa súa dilación a Xunta de Galicia atrasou un ano o PXOM de Vigo e é agora cando esperta o seu interese por chegar a un acordo”.
Ademais, segundo explican fontes municipais, “a Consellería de Ordenación do Territorio manifestou a súa disposición a financiar o 50% da redacción do Plan” o que fai que “o Concello teña que asumir o outro 50% do custo e logo de paralizar a vía Parejo proposta por Vigo como saída operativa á situación na que o goberno autonómico deixou o urbanismo da cidade”.
Asimismo, o Concello participou este xoves na reunión do Comité do Consorcio do Casco Vello de Vigo no que se autorizou a compra dun edificio de tres plantas na ribeira do Berbés número 7 e onde, segundo o consistorio, “se manifestou a necesidade de iniciar de xeito inmediato as catas arqueolóxicas para que poida comezar canto antes a rehabilitación do Berbés”.