O Concello de Vigo informou este lunes do reforzo dos horarios das distintas bibliotecas da cidade adaptándoas ás necesidades dos estudantes nesta época de exames. No Mar de Vigo, con 400 postos de lectura -que se reducen pola situación covid- vaise ampliar o horario ata as 00,00h. A sala de Navia, con 144 postos de lectura, abrirá as súas portas de luns a domingo desde as 09,00h ata as 21,00h.
Pola súa banda, a Casa do Patín -con 25 postos de lectura– estará habilitada de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 e de 17,00 a 21,00 h, mentres que a biblioteca Neira Vilas ten 42 postos de lectura operativos. Nun futuro, sumarase a esta oferta a biblioteca de Teis e a do Estado, que se instalará na rúa Lalín.