Está previsto que nas vindeiras semanas se sometan a información pública as expropiacións dun total de cen parcelas que abarcan unha superficie total próxima aos 18.000 metros cadrados. «Por primeira vez na historia da cidade disporemos dun paseo fluvial completo ao longo do río Lagares, desde Samil ata Cabral», sinalou este luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
O novo tramo fluvial terá unha lonxitude de 3.300 metros e unha anchura mínima de cinco metros. Cun orzamento de 776.000 euros, actuación inclúe cinco demolicións, desde unha ponte de formigón a dous alboios e dous peches.