O Concello de Vigo aprobou este venres unha nova edición do programa «Vigo en inglés». A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á convocatoria para adxudica as prazas para participar na actividade de inmersión en lingua inglesa. A iniciativa vai dirixida ao alumnado de centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos.
Así, o vindeiro luns 16 de marzo abrirase o prazo para solicitar a participación no programa. Ata o luns 30 de marzo todos os alumnos de 3º da ESO que cumpran os requisitos poderán inscribirse no Rexistro do Concello. As becas permiten viaxar a Reino Unido ou Irlanda durante tres semanas en réxime de integración co alumnado nativo.
O programa conta con 900 prazas e un orzamento municipal de 2,046 millóns de euros. Por unha banda, está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos. Por outro, o alcalde destacou que a maioría do alumnado viaxa cun custe íntegro sufragado polo Concello.