O alcalde informou este luns do inicio do procedemento ao que se presentaron máis de 2.000 aspirantes a ocupar algunha das prazas en diferentes categorías. Seguimos facendo Concello para a cidadanía viguesa», apuntou o rexedor, que explicou que a previsión municipal é constituír o 11 de maio o primeiro dos tribunais para iniciar o proceso selectivo da terceira fase da oferta de emprego público do Concello.
A oferta suma un total de 32 prazas: 18 son da quenda libre e 14 de promoción interna con 5 prazas para persoas con discapacidade. Presentáronse máis de 2.000 solicitudes para participar no proceso selectivo e foron admitidas máis de 1.900.
As 32 prazas da convocatoria son para arquitecto técnico-aparellador (1), diplomado trabajo social (1), 9 administrativos da administración xeral, 11 auxiliar de administración xeral, 4 subalterno e 6 oficiais.
Ademais, tal e como explicou Caballero, está en proceso de execución a oferta de emprego público para 62 policías locais e 24 bombeiros, que están realizando nestes momentos as probas, mentres no caso da categoría de policía está en proceso de constitución o tribunal.
Marea de Vigo ve «ridículo o triunfalismo»
Tras as declaracións do alcalde, o voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, incidiu na necesidade dunha «fonda reformulación nas políticas de persoal» levadas a cabo polo goberno de Abel Caballero. «O que se está anunciando no día de hoxe coma un exemplo de creación de prazas non son máis que as OPEs dos anos 2014 ao 2016, onde atoópanse diferentes prazas públicas que tiñan que estar xa resoltas hai anos», sinalou Pérez. O concelleiro da Marea engadiu que «Abel Caballero anuncia coma un logro dunha xestión de persoal excelente sacar adiante ofertas públicas de emprego do ano 2014, algo que a un alcalde responsable causaríalle vergoña»