O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o Concello tomou a decisión de pospoñer os pagos de todas as taxas municipais que hai que abonar nas próximas datas.
Así, respecto ao aprazamento de pago de taxas de vehículos, que era do 1 de abril ao 5 de xuño, pasa a ser do 4 de maio a 6 de xullo. Este tributo afecta a un total de 200.000 vehículos.
No relativo ao imposto de plusvalías amplíase o prazo de pagos das liquidacións xa notificadas ata o 30 de abril. Sobre instalacións, construcións e obras aprázase ata o 30 de abril ou ata o 20 de maio as débedas que tiñan que pagarse antes do 14 de marzo.
Ademais, o pago do fraccionamento de IBI, IAE e todos os tributos, se a obrigación era anterior ao 18 de marzo trasládase ao 5 de maio. No caso de as datas posteriores ao 18 de marzo móvese ata o 20 de maio. Igualmente, todas as contestacións a requirimentos quedan adiadas.
“Aprazamos todos os pagos porque é un momento no que a economía está débil e non queremos causas máis quebrantos e segundo porque os que fan pago presencial teñen que quedar na casa”, apuntou o alcalde.
Toda a información relativa a este aprazamento de tributos está colgada na páxina web do Concello de Vigo.