O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este mércores da aprobación na Xunta de Goberno Local que se celebrará este xoves, 23 de xullo, dos contratos por valor de 554.000 euros para a renovación do céspede artificial e instalacións no campo de fútbol de A Guía e do céspede artificial do campo de fútbol de Fragoselo-Coruxo.
O investimento, segundo explicou, será de 342.000 euros no campo de A Guía e de 213.000 euros no de Fragoselo (Coruxo). “Estamos facendo un investimento de máis de medio millón e en total xa sumamos case 7 millóns de euros en infraestruturas deportivas”, sinalou Caballero antes de apunta que hai outros tres proxectos en marcha (Santa Mariña, Samil e O Vao) e en estudo a segunda fase do campo de Carballal para a renovación de vestiarios.