O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o goberno local humanizará a Praza de San Mauro, na parroquia de Matamá, “cunha mellora integral” que terá un importe previsto de 300.000 euros. Caballero sinalou que é un punto de encontro de “moitas persoas” e que trátase dun espazo céntrico e ao lado da Iglesia.
As melloras inclúen reposición de servizos, novo mobiliario urbano, xardinería, iluminación e un novo espazo funcional “para o goce da veciñanza con toda a seguridade”. Ademais, o rexedor tamén anuncio que a praza terá conexión coas rúas Canteiros, Manuel Cominges e Leonardo Alonso.