Este domingo, 12 de maio, o Concello de Vigo dará comezo aos traballos de asfaltado de Arquitecto Palacios. Segundo a planificación municipal, a obra finalizará o xoves 16 de maio e contemplará cortes á circulación dos vehículos, principalmente durante as noites.
Desde as 22:00 horas do domingo ata as 05:00 horas do luns, procederase ao corte do tráfico do vial en sentido descendente a Castrelos, mentres que na madrugada do luns ao martes, nos mesmos horarios, pecharase á circulación en sentido estación de autobuses. A noite do xoves ao venres, os carrís ao redor da propia terminal de autobuses.
Durante o día, e o resto de noites, o traballo de asfaltado será compatible coa circulación, garantindo sempre un carril de circulación en cada sentido. Ademais, non se poderá circular nos ramais de acceso ao centro comercial, en sentido descendente na mañá do luns e na mañá do martes, en sentido ascendente.