Pechado o parque de Castrelos, o paseo de Samil, as praias e a Fortaleza do Castro. Esta é a decisión tomada polo Comité de Seguimento do COVID 19 do Concello de Vigo dentro unha batería de medidas encamiñadas a minimizar o risco de contaxio. No comunicado remitido esta tarde o alcalde, Abel Caballero, insiste na mensaxe de que “temos que quedar na casa”.
Aos efectos de combater o contaxio da pandemia do coronavirus o comité de seguimento do Concello de Vigo adoptou as seguintes decisións:
1.- Para evitar aglomeracións de persoas e para poder respectar as distancias recollidas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma, o aceso público ás dependencias do Concello de Vigo queda interrompido excepto nos casos de BENESTAR SOCIAL, REXISTRO E CEMITERIOS. Nestes casos, nos que sexa imprescindible a presencia, se realizará SEMPRE CON CITA PREVIA. Preténdese así reducir a presencia ao único e exclusivamente imprescindible, e tan só en casos de urxencias inaprazables así valoradas en atención previa telefónica. A obtención desta cita previa estará dispoñible telefonicamente no directorio municipal ou no teléfono 010.
De conformidade ao RD 463/2020 se suspenden os términos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos municipais. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o citado Real Decreto.
2.- O Concello de Vigo ven de artellar unha disposición sobre o traballo de tal xeito que os traballadores acudirán de forma presencial solo nos casos nos que sexa imprescindible. Isto significa que todo o persoal municipal cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial. Todo o persoal municipal que realice funcións que non podan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial deberán permanecer nos seus domicilios, quedando as súas actividades suspendidas temporalmente, salvo que desempeñen funcións de carácter crítico para o funcionamento da Administración municipal. Tanto o corpo de Policía Local como o de Bombeiros estarán ao 100% da súa operatividade.
3.- No que se refire ás areas de Benestar Social acordouse a ampliación de horarios no albergue, de tal xeito que se ampliarán os horarios de duchas e lavandería e se establecerán tres quendas de comidas, de 12:30 a 15:00 horas.
Neste momento todas as auxiliares que prestan o servizo de axuda a domicilio dispoñen xa de guantes e máscaras. No que respecta ao voluntariado a recomendación realizada por este comité é que toda a solidariedade sexa canalizada a través do Concello de Vigo.
4.- Respecto dos espazos públicos o comité de seguimento acordou o peche do parque de Castrelos, o paseo de Samil, as praias da cidade así como os espazos dentro da muralla do Castro.
5.- No transporte público, durante os días laborables implementaranse os horarios que se prestan os domingos, acordando o reforzo nas horas de entrada/saída aos centros de traballo así como nas liñas que conectan co hospital (H1 y H2)
6.- Os mercados municipais solo poderán acoller no seu interior o aforo que permita manter as distancias de seguridade. Para o aceso será imprenscindible a regulación das colas que puideran xerarse respectando as distancias recollidas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Pola súa banda os establecementos de alimentación ou similares que teñen autorización de apertura deberán tamén respectar o protocolo en canto aforos e colas pero, neste caso, deberán ser regulados polos propios establecementos.
Neste momento, tal e como indicou o alcalde, “estamos contactando a todas as cadeas de alimentación para que extremen as normas que permitan manter as distancias de seguridade”. Estas indicacións son de igual aplicación en panaderías y establecementos similares.
«Lembramos que todas estas medidas póñense en marcha para minimizar o risco de contaxio do COVID19, evitando a aglomeración de persoas e respectando as distancias de seguridade. En calquera caso, será a Policía Local a encargada de velar polo cumprimento desta normativa», conclúe o comunicado do Concello.