O Concello de Vigo recibiu este ano un 13% máis de solicitudes para becas comedor e de libros que en 2020, cun total de 3.556 peticións. O alcalde, Abel Caballero, sinalou en rolda de prensa que “en Vigo non haberá ningún neno e nena sen beca” e para iso “non hai límite orzamentario para todos aqueles que cumpran os requisitos”.
A partida prevista para as becas comedor e de libros e de 2,07 millóns de euros. Este ano como novidade o orzamento para libros e material escolar foi de 135.000 euros, un 35% máis. Ademais, os beneficiarios terán unha dotación de 100 euros no lugar dos 85 do ano pasado.
En canto as becas de comedor, teñen unha previsión de pago ás familias no caso de que por mor da Covid-19 os comedores non poidan funcionar con normalidade.
Axudas de Emerxencia
Por outra banda, a comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 110 novas prestacións por valor de 21.571,24 euros. O total das axudas concedidas supera as 14.450, que chegaron a 39.020 persoas. A partida supera os 2.239.625 euros.