Os xardíns do Pazo de Castrelos acollerán o vindeiro sábado 3 de outubro ás 19:00 horas a gala de entrega da Medalla da Cidade 2020 ao colectivo sanitario en recoñecemento ao labor desenvolvido durante a crise do coronavirus e os premios Viguesas e Vigueses Distinguidos 2020.
Abel Caballero apuntou que “quero seguir facendo o recoñecemento de todas as persoas, institucións e colectivos que traballaron en favor da cidade. Quero facer esta homenaxe”, polo que a celebración terá aforo limitado e as invitacións serán restrinxidas para garantir a seguridade no contexto da pandemia.
Os Vigueses Distinguidos 2020 son: o xuiz xubilado Julio Picatoste, a periodista Carlota Corredera, Iván Álvarez, policía nacional ferido en Cataluña; o Club Peña Trevinca, que cumple 75 anos; Alejandro Gómez, atleta; a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, os corpos da Policía Nacional, Local, Autonómica, Guarda Civil e Protección Civil pola súa labor durante a crisis sanitaria e, por cumplir 50 anos o pola súa “singularidade”, os centros educativos Colexio Saladino Cortizo, o Ceip Santa Mariña, Ceip Valle Inclán, Ceip Sello, Sárdoma Moledo, Ceip Paraixal, Ceip Javier Sensat, Ceip Igrexa Candeán, Ceip A Paz Tintureira, Ceip Emilia Pardo Bazán, Colexio San Fermín, Colexio Atalaya Cantrabria, Colexio Possumus, IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Valentín Paz Andrade e IES Castelao.