Unha vez entre en vigor a nova ordenanza e se dea conta na Xunta de Goberno Local, Foz e Calzoa -á esquerda da desembocadura do Lagares- serán praias habilitadas para cans, dixo esta mañá o rexedor. «Trátase dunha zona ampla, cunha cualificación de auga excelente e nulo nivel bacteriolóxico desde que entrou en funcionamento a nova depuradora, tal e como demostran as constantes analíticas ás que se somete a auga», explicou o alcalde. En declaracións aos medios, Caballero avanzou que Vigo contará cun areal máis para cans, sen desvelar aínda o nome.