Tal e como precisou, unha parte destes traballos correrá a cargo de persoal do taller do Concello (o equivalente a 2 millóns de euros), mentres que o resto será contratado. Este «ambicioso» plan, explicou Regades, permitirá, non só manter os viais en bo estado, senón tamén seguir coas políticas keinesianas e, polo tanto, coa xeración de emprego.
O reforzo da capa de rodadura no centro realizaráse nas seguintes rúas: Buenos Aires, Antón Beiras, Alvaro Cunqueiro, Baixada a Pontillón, Puerto Rico, Padre Feijóo, Martínez Garrido, Cañiza, Manolo Martínez, José Mato, Luis Seoane, San Xoán de Deus, Lepanto, México, Progreso e República Argentina. Respecto das parroquias, os traballos a realizar serán os seguintes: Sárdoma (Freixo, Miraflores, Marco); Castrelos (Camiño Telleira); Beade (Camiño Casmarcelo, Brea e Outeiro); Valladares (Pinguela e Gándara); Salgueira (Carballo e Coutadas); Candeán (Monte Pequeno e Devesa); Cabral (Fontiñas, Bosque e Ameal); Lavadores (Barreiro, Brea, Pepe Castro); Teis (Paraixal e Doña Fermina); Alcabre (Millareira); Coruxo (Viño e Monte do Gato); Oia (Pedreira), Sampaio (Pardavila, Areeiro, Roteas de Abaixo); San Xoán do Monte (Redomeira); Navia (Bravo); Matamá (Roupeiro e Balsa); Comesaña (Cañiza e Matamá) e, por último, Bembrive (Areeiro).