Explicou Caballero que, con estas melloras, «seguimos coa recuperación do Casco Vello». Neste caso se trata da Praza da Princesa, os locais que dan á Porta do Sol, a recuperación tamén da escaleira da Praza de Argüelles e a reforma desta, co obxectivo de recuperar a unidade e harmonía e a imaxe coherente e ordenada no entorno.
As obras afectan tanto ás céntricas prazas de Argüelles e Princesa como aos locais comerciais de titularidade municipal do entorno da Porta do Sol. A execución deste proxecto realízase para completar as reformas realizadas nos últimos anos na zona histórica da cidade e para integrar as fachadas no conxunto da Porta do Sol. Cúmprese co recollido no Plan Especial do Casco Vello, subliñou o rexedor, que indica que todos os elementos asociados ás fachadas -rótulos, imaxes publicitarias, marquesiñas…- deben axustarse ás condicións reguladas nas propias ordenanzas do Plan especial.
Praza da Princesa
O alcalde indicou que as obras en marcha conlevarán na Praza de Princesa o levantamento e reposición das losas que se atopen deterioradas, a limpeza e reparación das canalizacións, a execución dunha nova canalización de telecomunciacións e realizar as acometidas domiciliarias necesarias para o soterramento das líneas aéreas existencias, a reparación da fonte, unhas novas estruturas dos alcorques para as árbores, a substitución dos bancos por uns dobles, o reforzo da iluminación e a retirada do cableado presente nas fachadas.
Praza de Argüelles
Pola súa banda, o proxecto do Concello para este espazo prevé o levantamento das losas de pedra que se atopen deterioradas, a rehabilitación de escaleiras e muros, a retirada de cableado existente en fachada e a reparación de barandillas. Ademáis, dous dos locais comerciais pecháran para facilitar o acceso á praza.