O Concello de Vigo, co obxectivo de atender o incremento da demanda das persoas usuarias de cara á celebración do día 1 e 2 de novembro, amplía algúns dos servizos actuais ata os camposantos da cidade.
O vindeiro luns, o 1 de novembro, festividade de Tódolos Santos refórzanse tódalas liñas do transporte público que prestan servizo aos cemiterios:
- Teis: C3
- Bouzas: C3, L4A, L4 C, L15A e L15 C
- Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17
- Zamáns: L17
- Puxeiros: L15 C e L15A en viaxes concretas
- Beade: L6 e L27
- Candeán: L9 B
- Cabral: L11
- Matamá: L17
- Alcabre: L10, L15A e L15 C
- San Andrés: L11 e L29
Ademais ampliaranse 8 viaxes da liña L15A desde Avenida da Ponte ata o cemiterio de Puxeiros e a contorna do tanatorio Vigo Memorial.