Abel Caballero fixo pública a recepción dunha carta do secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, rexeitando a solicitude viguesa de trasladar ao Concello a titularidade da Avenida de Madrid.
Ante os medios, o alcalde indicou que Fomento propón transferila pero sen partida orzamentaria, estimada nuns 4 millóns de euros, ao que tería que renunciar explícitamente o Concello de Vigo. «Non imos renunciar nunca ao diñeiro que o Ministerio de Fomento tería que darlle á cidade» coa transferencia da titularidade, asegurou Caballero, quen recordou que a partida económica é un «dereito» que recolle «as normas do Ministerio de Fomento».
Abel Caballero apuntou que o escrito recibido asegura que o Ministerio de Fomento vai mellorar a Avenida de Madrid, sen detallar «cando, como nin de qué forma», polo que o rexedor remitirá unha proposta de humanización do vial para que o departamento que dirixe Ana Pastor reforme a principal entrada da cidade.