Abel Caballero explicou este luns que os soares están afectados pola modificación puntual do PEPRI do Casco Vello no ámbito da Panificadora, xa aprobada inicialmente e que incorpora estes soares como espazo de «transición» entre a rúa Santiago e o inmoble.
Nos número 43 e 59 da rúa, as parcelas formarán parte da recuperación da Panificadora na que o goberno de Vigo e «a nova Zona Franca» están «absolutamente involucrados». Caballero recordou que a parte privada se adquirirá por acordo ou expropiación. «Queremos ter todo o espazo nas nosas mans», revelou.
«Pedimos unha doazón, igual que o Consorcio fixo unha doazón á Xunta de Galicia na Praza do Berbés. Esiximos o mesmo trato, unha doazón para facer unha actuación tan importante», aseverou o rexedor sobre a Panificadora: «Entre administracións públicas é o habitual».