Trátase dunha edificación de dous plantas na que se proxecta a construción de dúas vivendas de dous dormitorios. Un deles orientado á fachada do Berbés e o outro á rúa San Francisco. En resumen, dúas novas vivendas que se sumarán aos sete inmobles que actualmente se encontran en execución promovidos polo Consorcio Casco Vello de Vigo. Ademais, en próximas datas pecharase unha nova operación de compra.
Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 68 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 46 están xa totalmente rehabilitados, 7 foron transferidos a outros organismos, catro están en proceso de construción, cinco en proxecto e tan só en seis deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.