O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este xoves de que en previsión dun incremento dos requirimentos de hospitalización a pacientes con Covid-19, a área sanitaria de Vigo activou unha nova medida do Plan de Continxencia fronte a esta pandemia.
Así, de xeito preventivo e anticipándose ás necesidades, adoptouse a decisión de liberar dúas unidades de hospitalización do servizo de Traumatoloxía (Velas 2A e 2B) e trasladar aos 32 pacientes internados nelas ao Hospital Meixoeiro, onde serán ingresados na planta de Traumatoloxía (4ª).
Na tarde deste xoves xa se iniciou o cambio de hospital dalgúns destes pacientes e o venres se completará o traslado do resto.