A partir do vindeiro 9 de marzo, Vitrasa realizará unha adecuación de liñas con motivo do corte total de tráfico que se implantará na Porta do Sol para construír o túnel no tramo comprendido entre o Paseo de Alfonso XII e Policarpo Sanz. Tal e como informou VIGOÉ, o peche afectará a partir do mércores a todos os vehículos, agás os autobuses, que terán unha ‘moratoria’ ata o luns.
En total, veranse afectadas 17 liñas que realizarán desvíos alternativos e para o que será preciso habiIitar novos puntos de subida e baixada de viaxeiros. En concreto, durante o tramo do corte de tráfico anularanse un total de seis paradas.
As paradas anuladas desde Paseo de Alfonso a Policarpo Sanz son: Paseo Alfonso 15, Policarpo Sanz 12, Policarpo Sanz 16 e desde Policarpo Sanz a Paseo de Alfonso son: Policarpo Sanz 15, Porta do Sol e Paseo de Alfonso.
En consecuencia, instalaranse novas paradas en: Policarpo Sanz 26, Colón 26, Policarpo Sanz 23, Pi i Margall 7, Pi y Margall (antigo asilo), Praza do Rei (Concello), Camelias (Concello), Praza de Compostela 35 e enfronte.
Para informar aos usuarios dos novos percorridos e paradas, a compañía editou un tríptico informativo (disponible en descarga neste artigo) cun mapa explicativo no que estarán ubicadas as novas paradas así como os percorridos alternativos das liñas afectadas. Repartiranse máis de 10.000 folletos entre os usuarios. Ademais estes cambios veranse reflexados na páxina web de Vitrasa, nos autobuses e nas principais marquesiñas, así como na app móbil Moovit na que os viaxeiros poderán visualizar os novos percorridos en tempo real.
Durante as primeiras semanas establecerase un dispositivo continuo con inspectores a pé de rúa para comprobar o funcionamento das liñas polas novas paradas, así como dar información aos usuarios.
Liñas afectadas:
• C2 – CIRCULAR 2ª
• C3 – BOUZAS/COIA – ENCARNACIÓN (Praza Eugenio Fadrique)
• L4 A – C – ARAGÓN / EST. AUTOBUSES- COIA
• L5 A – B – TEIXUGUEIRAS – B. AIRES (por G. Barbón / Urzáiz)
• L7 – PZA. ESPAÑA – GARRIDA / ZAMÁNS / SOBREIRA
• L8 – AREAL – PORTO / UNIVERSIDADE
• L9 A – PZA. E. FADRIQUE – PEINADOR (AEROPORTO)
• L9B CANDEAN – G. BARBÓN
• 10 – TEIS – SAIÁNS
• L11 – SAN MIGUEL – CABRAL
• L12 A – B – SAIÁNS / HOSP. ALVARO CUNQUEIRO – MEIXOEIRO
• L15 B – C – UNIVERSIDADE – SAMIL / NAVIA
• L17 – MATAMÁ (BALSA) – A GUÍA / RÍOS
• 24 – GUIXAR – POULO
• L28 SAMPAIO – VIGOZOO
• N1/N2/N3 – SAMIL/TEIXUGUEIRAS – BUENOS AIRES
• H1 – GARCÍA BARBÓN – HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO