O alcalde informou este xoves da aprobación definitiva do Plan municipal de prevención e defensa contra os lumes forestais, que incorpora as 29.971 parcelas que delimitan a rede secundaria de xestión da biomasa e teñen que estar libres de maleza. O Concello prevé adicar 300.000 euros anuais á adecuar estes espazos.
O documento recolle ata 29.971 parcelas que forman parte desta franxa secundaria de xestión da biomasa e cuxos propietarios deben manter en condicións óptimas ante a eventualidade dun incendio forestal. De non facelo, explicou Abel Caballero, o Concello está habilitado para acometer a limpeza e logo repercutirlle o custo aos donos das parcelas, que poden chegar a responder incluso co propio terreo.
Do total de case que 30.000 espazos afectados, o Concello de Vigo xa inspeccionou o estado dunhs 10.000. Destes, 6.283 no cumpren coa normativa vixente, segundo anotou o alcalde este xoves. Tendo en conta estes datos, o goberno de Vigo estima que terá que adicar uns 300.000 euros anuais ao acondicionamento destas parcelas da franxa secundaria.
Abel Caballero recordou que esta actuación se complementa co gran cinto verde que deseña o Concello, unha senda duns cincuenta quilómetros de largo que circunvala a cidade e que pode ser incluso transitable polos vehículos de emerxencias. Na loita contra o lume “queremos ser eficaces e estar continuamente presentes”, asegurou o rexedor.