O grupo municipal do PP de Vigo asegurou este domingo que a sinalización das rúas peonalizadas «xera confusión e falsa sensación de seguridade» e insta a Abel Caballero a que sinalice correctamente estas vías «axustándose á legalidade, para evitar accidentes que xa se teñen producido».
«As 70 vías cortadas só contan cun sinal de prohibición e un valo cando deberían ter tamén sinais de limitación de velocidade e de indicacións de quen pode pasar», indica o PP nun comunciado.
«O único que hai é un adhesivo en A6, imperceptible para os peóns e menos para os condutores. O alcalde debería saber que hai que colocar outro sinal independente de limitación de velocidade e unha indicación de excepcións que non debería ir dentro do sinal de prohibición», explica o concelleiro Jesús Marco González.
Tamén apunta que ademáis o valo debería estar reforzado e cun reflector, algo que non sucede agora. «Non podemos permitir que haxa atropelos se precisamente esta medida pretende favorecer aos peóns. Pedímoslle ao alcalde que tome nota e arranxe esta situación polo ben de todos: peóns e conductores», conclúe o concelleiro.