Esta ruta, que arranca o 14 de marzo prolongarase durante cinco fins de semana, permitirá aos participantes comprobar o cambio climático e as diferenzas entre praias lusas e galegas, entre outros aspectos mediaombientais. No mes de maio, apuntou a concelleira, volverán as visitas ás Illas Cíes, Sálvora e Ons, con 2.000 prazas.
Respecto dos percorridos por Vigo e bisbarra, abordaranse rutas clásicas entre as que cómpre sinalar os humedais de Vigo, a Ruta da Auga e os sendeiros de Matamá, Saiáns e Candeán, que veñen de ser remarcados e sinalizados polo Concello. A segunda andaina polos montes de Vigo será o 17 de maio.
Segundo explicou Chus Lago, o voluntariado medioambiental en humedais, hortas, no Lagares e nos arenais comezará o próximo 4 de febreiro, así como o de remarcado de sendeiros circulares no contorno da GR53. Pola súa banda, os catro cursos de formación en hortos urbanos empezarán o 28 de febrero, ao mesmo tempo que outros dous cursos de voluntariado medioambiental.