Estes recoñecementos súmanse aos xa anunciados para a Asociación Agarimo, Montañeiros Celtas e o Centro Comercial Coia 4. Ademais, a Medalla da Cidade recaerá na Asociación Diálogos 90, promotora e organizadora da homenaxe a Concepción Areal e dos premios Galega Destacada.
A Gala de Vigueses Distinguidos terá lugar o vindeiro 3 de abril. O bando deste ano correrá a cargo do maxistrado Julio Picatoste. No tocante aos actos de celebración da Reconquista deste ano, o propio mércores 28 de marzo terá lugar na Praza da Independencia a tradicional homenaxe aos Heroes da Reconquista.