Persoal do organismo e os arquitectos encargados da rehabilitación dos edificios, Javier Franco e Vicente Pintos, mostraron este xoves, en horario de 12:00 á 14:00 horas, e seguiran ensinando este serán, de 16:00 á 18:00 horas, o interior das vivendas ademais de responder ás distintas cuestións expostas polos futuros posibles propietarios.
Tras esta xornada de portas abertas e, nos vindeiros días, procederase tamén a celebración doutra reunión cos 10 adxudicatarios das VPA sorteadas para a correspondente asignación e elección da súa vivenda. A partir dese momento, os beneficiarios terán 45 días para poder formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves dos seus pisos.