A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organizou, como actividade previa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, a denominada como «Reconquistiña» o vindeiro xoves 31 de marzo.
Na festa participan polas rúas do barrio histórico máis de 300 nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria dos colexios CPR Niño Jesús de Praga, CEIP Altamar, Colexio Carmelitas, CEIP Ramón y Cajal, Colexio Mercantil e o CEIP Igrexa-Candean. Todos eles fixeron un percorrido vestidos de época polo Casco Vello ata a Praza da Princesa onde disfrutaron do concerto do grupo musical infantil en galego «A Gramola gominola» e dunha chocolatada no Colexio Picacho.