Alumnos do IES de Valadares e do Salesianos, trinta e sete estudantes partiron este luns do aeródromo vigués con destino a localidades do Reino e en Irlanda, onde cursarán estudos e vivirán case que un mes coa axuda do Concello, beneficiarios do programa municipal Vigo en Inglés.
En declaracións aos medios, o alcalde trasladou que os alumnos -e os seus pais e nais- estaban «encantados» esta mañá no aeroporto de Vigo, antes da saída dos primeiros voos ao Reino Unido e Irlanda. Os restantes sairán paulatinamente ata o próximo, 23 de setembro.
Son os primeiros 37 dos 900 estudantes que sairán de Peinador nos próximos oito días a distintas localidades do Reino Unido e Irlanda. Segundo avanzou o alcalde, este martes despegan outros 127 alumnos.
Abel Caballero puxo en valor que este ano viaxa co Concello todo o alumnado que o solicitou e cumpría os requisitos, incluído o que figuraba inicialmente na lista de agarda. Os estudantes proceden de 54 colexios da cidade e aprenderán inglés en réxime de integración escolar con alumnado nativo.
En total, o goberno de Vigo adica este ano máis de 2,2 millóns de euros a sufragar estancias de idiomas no estranxeiro para un total de mil alumnos, 900 de Secundaria e outros cen da sede de Vigo da Escola Oficial de Idiomas.