Segundo informou este venres o Sergas, este traballo, liderado pola xinecóloga María José Lamas, explica os obxectivos, funcionamento e resultados da Consulta de Asesoramento de Risco familiar de cáncer de mama. O equipo de profesionais sanitarios que integra esta Consulta leva estudadas, nos seus primeiros tres anos de funcionamento, a 979 pacientes.
Das pacientes atendidas, o 39,42 por cento (386) categorizáronse como pacientes con Risco poboacional, isto é, cun risco de desarollar un cáncer de mama similar ao da poboación xeral; un 43 por cento (421) presentaron Risco moderado; mentres que o 6.6 por cento restante, 65 pacientes, diagnosticáronse como pacientes con Alto risco de padecer esta enfermidade. Ao 73 por cento das pacientes de Alto Risco se lles realizaron probas xenéticas (BRCA1/BRCA2).
Segundo explica María J.Lamas «unha das conclusións deste estudo é que a valoración individualizada de as pacientes que presentan factores de risco para cáncer de mama, e o seu asesoramento de risco en función da información a partir da historia familiar, consigue un maior coste-efectividade na identificación de mulleres con risco menores de 50 anos, e permite establecer medidas de prevención primaria e secundaria para esta enfermidade.»
Consulta específica no Chuvi
O cáncer de mama é o tumor maligno máis frecuente nas mulleres occidentais. Nos países da Unión Europea a probabilidade de desarrollar un cáncer de mama antes dos 75 anos é dun 8 por cento, o que supón que 1 de cada 12 mulleres o vai padecer. A maioría dos casos son esporádicos, pero un 15-20 por cento deles van presentar unha agregación familiar e solo entre un 5 a 1o por cento teñen un compoñente hereditario, directamente relacionado con mutacións en xenes de herencia autosómica dominante.
A Unidade de Patoloxía Mamaria do Chuvi dispón dunha consulta específica de Asesoramento de Risco. O obxectivo deste dispositivo asistencial é a identificación de mulleres/homes con risco aumentado para cáncer de mama, para establecer pautas de seguimento e medidas de prevención en función do risco.
Nesta consulta, á que se accede por indicación dos facultativos tanto de Atención Primaria como da Especializada, cando se cumpren uns criterios familiares determinados se realiza una categorización do risco de cáncer de mama en función dos antecedentes familiares (árbol xenealóxico) e do risco individual da paciente. Segundo as distintas categorías de risco se establece o seguimiento das pacientes, ben polo seus médico xeral en Atención Primaria ou na Unidade de Mama do CHUVI.
Probas de imaxe e árbol xenealóxico
Así, unha vez que a paciente accede á Unidade de Patoloxía de Mama se lle realizan estudos de imaxe como mamografía e /ou ecografía; así como unha primeira consulta de Enfermería, na que se categoriza o risco a través da realización dun árbol xenealóxico para estudar os antecedentes familiares.
Neste senso, as pacientes ás que se lle diagnostica Risco poboacional, son dadas de alta da Unidade xa nesta consulta de enfermaría. As demais pacientes son valoradas na consulta médica da Unidade: as que presentan Risco moderado, se lles realiza un informe e se indica control e seguimento desde Atención Primaria; mentres que .aquelas con Risco alto continúan na Unidade de Mama para realizarse estudos complementarios, como as probas xenéticas cando estén indicadas.
Medidas de prevención
Dentro das estratexias para a Prevención Primaria nas mulleres de Moi Alto Risco (Portadoras de mutación BRCA 1/ BRCA2) se inclúen cambios no estilo de vida, quimioprevención e cirurxías redutoras de risco (mastectomía bilateral profiláctica e extirpación de trompas e ovarios).
Ata o momento levan realizadas mastectomías profilácticas a catro pacientes sanas. A coordinadora da Unidade de Patoloxía de Mama, Rosa Mallo explica que -«Neste proceso realizamos unha labor informativa, de asesoramento, nunca directiva; a paciente é quen debe tomar a decisión; a nosa responsabilidade e explicarlle a evidencia científica actual sobre a mastectomía profiláctica, a irreversibilidade da decisión, das complicacións postoperatorias e o impacto da reconstrución sobre a imaxe corporal»-.