O Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde a unha inxección de máis de 2,2 millóns de euros destinada á conservación de firmes nas estradas provinciais. Esta adxudicación de contratos, distribuída en tres lotes por zonas xeográficas da provincia, completarase proximamente con outras dúas que permitirán seguir achegando recursos aos concellos para manter a rede viaria e impulsar a economía.
Así, preto de 712.000 euros irán para estradas provinciais dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente. Nesta zona actuarase na EP 2900 Redondela-Ventosela (Redondela); EP 2908 Arcade-Amoedo (Soutomaior); EP 4102 Leirado-Lira (Salvaterra); EP 4202 Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira (As Neves); EP 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz); EP 4402 Mondariz Balneario-Vilasobroso (Mondariz-Balneario); EP 5006 enlace A Cañiza-Arbo-Crecente (A Cañiza); EP 5105 Covelo-Paraño (Covelo); EP 5205 Lomba- Albeos (Arbo) e EP 5304 Villar-Albeos (Crecente).
Por outra banda máis de 800.000 euros distribuirase na zona que abrangue os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda e Ponteareas. Nesta zona actuarase na EP 2001 Calvario-A Garrida, EP 2003 Coruxo-Canido, EP 2004 Beade-Carneiras e EP 2005 Meixoeiro-CUVI (Vigo); na EP 2501 Salceda-Picoña, EP 2503 Cerquido-Borralliño, EP 2504 Entenza-Soutelo e EP 2505 Salceda-Caldelas (Salceda de Caselas) e na EP 3102 Tomiño-Sabarís (Tomiño).
Finalmente preto de 700.000 euros irán para estradas provinciais de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova e A Illa. Nesta zona as actuacións terán lugar na EP8504 Forno-Cernadas e EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga); na EP 8702 Catoira-Torres do Oeste (Catoira); EP 9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP 9005 Corbillón-Tremoedo (Cambados); EP 9101 O Grove-Igrexa de San Vicente, EP 9102 acceso mirador Siradella e EP 9103 rampla Meloxo (O Grove); EP 9205 Sanxenxo-Meaño, EP 9208 Noalla-Aios e EP 9212 Noalla-Praia da Lanzada (Sanxenxo); EP 9303 Meaño-Dena (Meaño); EP 9403 Santo Tomé-San Salvador (Meis); EP 9508 Lois-A Goulla e EP 9509 Os Muíños Novos-Tabueiros (Ribadumia); EP 9803 Vilanova-Pontearnelas (Vilanova) e EP 9801 Ponte-Laxes (A Illa de Arousa).
A presidenta, Carmela Silva, resaltou que “é fundamental facilitar a mobilidade e seguridade das persoas que empregan as estradas de titularidade provincial pero, ademais, con esta adxudicación de máis de 2,2 millóns, imos permitir que se reactive a actividade económica, o que significa tamén o mantemento do emprego”.
A mandataria provincial informou que aínda quedan pendentes dúas contratacións máis, para poder cubrir os 1.500 quilómetros de vías provinciais e garantir que se manteñan en “perfecto estado”. Neste eido, proximamente se adxudicará o contrato para estradas de Pontevedra, Vilaboa, Cerdedo Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Moraña e Campo Lameiro. Tamén xa está todo preparado para a resolución do contrato do mantemento nas estradas da comarca de Deza, onde a maiores se están executando xa obras de reposición de firme por valor de máis de 500.000 € en Rodeiro e Agolada. “Con iso, subliñou Carmela Silva, aumentaremos os máis de 2,2 millóns de euros aprobados, e haberá moitos máis recursos a disposición da provincia, para as empresas, a reactivación da economía e o mantemento do emprego”.