O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse este domingo a Samil, onde presenciou o funcionamento do servizo de accesibilidade para o baño de persoas con mobilidade reducida que se presta neste areal e en O Vao ao longo do verán.
O Concello pon a disposición dos usuarios de Samil baños adaptados con dúas cadeiras anfibias, un xogo completo de muletas anfíbias, unha pasarela flexible de 10 metros para acceso ata a beira do persoal en situación de discapacidade, unha grúa hidráulica para axuda das transferencias do personal entre as cadeiras e unha carpa facilitadora de sombra. Pola súa banda, en O Vao haberá o mesmo servizo, pero cunha cadeira en vez de dúas.
Este servizo estará en funcionamento desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 11-14h e de 16-20h, de luns a domingo. Teñen que solicitalo no servizo de socorrismo e salvamento. Amais, este ano incorporáronse muletas anfibias en tódalas praias con bandeira azul de Vigo.
Servizos realizados en 2020
Durante o verano de 2020, houbo un total de 258 servizos de baños adaptados a persoas con mobilidade reducida, 217 colaboracións no acceso ao areal, 74 colaboracións en ducha e aseo, 44 cesións de muletas anfibias e 13 cesións de sillas anfibias a entidades que dispoñen de técnicos propios para realizar o baño.
Pulseiras
Ademais, Caballero informou do reparto de pulseiras identificadoras para nenas e nenos na praia, nas que se escribe o nome, apelidos do menor e o teléfono de contacto dos seus pais. Poden solicitarse tanto nos postos de socorrismo e salvamento como á policía de praia en Rodas, Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato, Carril e A Punta.
O alcalde apuntou que cando se perde un neno é frecuente que as familias “entren en estado de shock e teñan dificultades para describilos” polo que as pulseiras axudan moito nestas situacións.