A solidariedade de Vigo mantense nos peores momentos e o Covid-19 o demostra de novo a existencias de moitos voluntarios desinteresados. O Concello de Vigo informou este venres de que xa traballa con máis de 600 voluntarios para iniciar un curso de formación. Segundo os datos aportados polo alcale, a primeira hora da mañá xa estaban rexistradas un total de 635 persoas dispostas a realizar tarefas de axuda a persoas vulnerables.
Desde a Oficina de Voluntariado xa remitiron aos primeiros inscritos un manual para que coñezan os seus dereitos e deberes. Ademais, a través da Cruz Vermella iniciouse un curso de formación online para identificar os riscos de contaxio debido a pandemia do Covid-19.
Entre os voluntarios xa anotados existen numerosas persoas con formación sanitaria que poderán axudar aos efectivos de Protección Civil nos desprazamentos que realicen a domicilio. Trátase en gran parte de xente procedente de Sudamérica e cuxa titulación non é válida en España para exercer. Tamén existen un bo número de psicólogos e traballadores sociais que poderán traballar a través de Benestar Social para servizos de Teleasistencia.
Entidades sociais
O Concello de Vigo xa está en contacto con distintas entidades sociais activas para coñecer as súas demandas actuais e previsión de necesidades a corto e medio prazo. Desde organizacións como Cáritas, Cruz Vermella, Érguete, Protección Civil ou Fundación Provivenda, entre outras, informan das súas necesidades.
Para garantir a saúde da cidadanía, as persoas voluntarias que sufran patoloxías previas ou que estean enmarcadas nos colectivos de risco que queiran participar nesta inicitiva, unicamente poderán desenvolver tarefas de atención telefónica continuada para acompañamento e detección inmediata de necesidades.
Poden apuntarse as persoas maiores de idade a través do formulario ao que se pode acceder desde a portada da web do Concello.